miércoles, 26 de septiembre de 2012

Reto 2030- Iniciativa europea de participación ciudadana en futuros proyectos de la Unión. 

Para más información visiten la página de Agenda Ciudadana de Ciencia e Innovación: http://www.reto2030.eu/
A miña opinión:
Se por min fose, os tres retos que tentaría superar serían os de Norman Foster, Paulina Beato e Javier Tejada. 
O reto de Norman Foster: Mellorar as cidades actuais para facelas máis eficientes; e crear as novas autosuficientes, comodas e máis respetables co medio ambiente. Na miña opinión, canto mellores sexan as cidades, máis dificil será o colapso da mesma. Ademáis, os edificios deberían gardar unha estética común, pero con detalles que os diferenciasen, para crear un novo arte arquitectonico urbano futurista.

O reto de Paulina Beato: O almacenamento de enerxía eléctrica para o seu posterior almacenamento. Así poderiamos substituir ás materias non renovabels por medios de producción electrica máis lentos, pero renovabels. 

O reto de Javier Tejada: O desenvolvemento de robots de axuda. Melloraría a  nosa calidade de vida e  poderíamos dar un paso máis no concepto de "estado de benestar".


 

lunes, 24 de septiembre de 2012

A IMPORTANCIA DA TECNOLOXIA NA ACTUALIDADE.


Dende o comezo da súa existencia, o home desenvolveu innumerables avances tecnolóxicos que o axudaron a reducir esforzos e traballos. A medida que fomos descubrindo novas técnicas, creando novas máquinas e resolvendo necesidades (tanto as que a natureza nos presenta como as que crea o crecemento poboacional e a curiosidade humana) aumenta a nosa necesidade de novos productos tecnolóxicos.
           Dende finais do seculo XIX ata a actualidade o desenvolvemento tecnolóxico na Terra incrementouse, sobre todo no campo militar, no científico, e ultimamente no de comunicación e ocio. Este ultimo campo é o que mellor aprecia a poboación, pois a a necesidade humana de socializar (de estar en contacto con outras persoas) é moi importante.