lunes, 24 de septiembre de 2012

A IMPORTANCIA DA TECNOLOXIA NA ACTUALIDADE.


Dende o comezo da súa existencia, o home desenvolveu innumerables avances tecnolóxicos que o axudaron a reducir esforzos e traballos. A medida que fomos descubrindo novas técnicas, creando novas máquinas e resolvendo necesidades (tanto as que a natureza nos presenta como as que crea o crecemento poboacional e a curiosidade humana) aumenta a nosa necesidade de novos productos tecnolóxicos.
           Dende finais do seculo XIX ata a actualidade o desenvolvemento tecnolóxico na Terra incrementouse, sobre todo no campo militar, no científico, e ultimamente no de comunicación e ocio. Este ultimo campo é o que mellor aprecia a poboación, pois a a necesidade humana de socializar (de estar en contacto con outras persoas) é moi importante.



No hay comentarios:

Publicar un comentario