Os seguintes videos tratan sobre algúns temas de investigación relacionados con algún tipo de robot:
-O proxecto Oportunity e Spirit.
-A soldadura por punto.
-Robots de seguridade e defensa.
respectivamente.
Proxectos Oportunity e Spirit:
-Introducción:
Ambos proxectos da N.A.S.A., lograron exitosamente levar a Marte no 2004 dous vehiculos robóticos con fins científicos, o MER-A ("Rober") e o MER-B.
-O vídeo:
Nesta impresionante animación móstrasenos como foi posíbel o "amartizaxe" do MER-A (deceleración por entrada na atmosfera, por paracaidas, por airbags e retrofoguetes), así como outros aspectos interesantes da viaxe do Rober no planeta marcián.
Por exemplo, como grazas os inesperados remuíños de vento as investigacións duren xa 9 anos (pois limpan o polvo das placas solares que alimentan ao robot). Cabe mencionar a calidade da banda sonora, que xunto coas impactantes imaxes, permiten a este vídeo transmitir a importancia deste gran logro human.
Soldadura por punto:
-Introducción:
É un método de soldadura por resistencia basado na presión e temperarura.
-O vídeo:
Mostrasenos nesta ocasión o proceso de soldadura nunha cadea automatizada de fabricación de automóviles.
Nun proceso no que cada automatismo está programado para repetir o mesmo proceso unha e outra vez con gran precisión, a soldadura non podía ser diferente. A soldadura por precisión basase en que a presión e temperatura que se aplican son tan elevadas, que o tempo de contacto co material é mínimo, axilizándose así o proceso.
ROBOTS DE SEGURIDADE E DEFENSA.
-Introducción: a robótica é un campo aplicado especialmente ao ambito militar, así como ao de servizo público.
-O vídeo:
Neste vídeo móstransenos os multiples tipos de robots que existen, tanto no campo militar como civil.
O principal problema da robótica aplicada a fins bélicos é que é necesario programar a ética nos robots (quenes son obxectivos, quenes non, debo disparar a un neno que me dispara?,...). Por esto, na actualidade, o uso dos robots está limitado ao de vixilancia e transporte sobretodo
Na actualidade os robots de servizo civil non están tan perfeccionados como aqueles dos que xa falamos. Esto débese a que o campo da robótica de servizo non xeraría tantos beneficios económicos como a militar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario