viernes, 15 de marzo de 2013

Alimentación de gando bovino. Antes e agora.

DIFERENZAS ENTRE A ALIMENTACIÓN DE GANDO 
BOVINO ANTERIORMENTE E NA ACTUALIDADE





ANTIGUAMENTE non existían as grandes explotacións gandeiras que coñecemos agora, polo que xeralmente, nunha granxa o número de bovinos era bastante reducido (de 1 a 7 vacas). Ademais, os productos que se obtiñan destes animais dedicábase maiormente ao autoabastecemento, e apenas existían excedentes.
          Gardabanse as vacas en pequenas estructuras lindeiras á casa dos propietarios e alimentábanse nos seus prados ou montes. A alimentación  basábase nos pastos, é dicir, en sacar as vacas ós campos ou ó monte para que se alimentasen direitamente da terra; combinada con forraxe, reservada para aqueles días en que o pasto fose imposibel ou incómodo (xeralmente por mor de condicións meteorolóxicas adversas).





Á MEDIDA QUE PASA O TEMPO aumenta o interese dos gandeiros por producir excedentes e vendelos. Así a gandaría para autoconsumo perde presenza, mentres que a gandaría industrial gaña importancia.
          Do mesmo modo que cambia a utilidade do bovino, cambia tamén a súa alimentación. Engíronse subproductos de orixe vexetal, como salvado de arroz ou semilla de algodón, que se supon, conseguen, que o animal mantña o seu peso e mellore a producción. 

ACTUALMENTE, nas para que o rendemento de producción sexa máximo utilízanse tecnicas de engorde: utilización abundante de subproductos agroindustriais, reducción do espazo do animal para evitar calqueira exercicio.....
           Tras multiples estudos, comprobouse que estes métodos de alimentación poden causar problemas; ben por reaccións extraño a determinados alimentos (imaxe á dereita) ou por reducirse a calidade dos productos. Esta é unha das causas principais polas que se promove a alimentaciónd irecta en campos, evitando as técnicas de engorde e limitando os productos agroindustriais ao uso medicinal. 
         


     

1 comentario: